Creación dunha entrada de
calendario
1.
Para engadir unha nova entrada de axenda,
desprácese ata a data que desexa, seleccione
Opcións
>
Entrada nova
e elixa unha das
seguintes opcións:
●
Xuntanza
— Engadir un recordatorio da
xuntanza.
●
Petición de xuntanza
— Crear e enviar unha
nova solicitude de xuntanza. Cómpre dispoñer
dunha caixa de correo configurada para o envío
de solicitudes.
●
Memorando
— Escribir unha nota xeral para o
día.
●
Aniversario
— Engadir un recordatorio dos
aniversarios ou datas especiais (as entradas
repítense anualmente).
●
Tarefas
— Engadir un recordatorio dunha tarefa
que cómpre facer nunha data concreta.
2.
Para engadir unha descrición para unha entrada,
seleccione
Opcións
>
Engadir descrición
.
3.
Para gardar a entrada, seleccione
Feito
.
Suxestión: Na vista de axenda do día, da semana
ou do mes, prema calquera tecla (0--9). Abrirase
unha entrada dunha cita e os caracteres que
insira engadiranse ao campo do asunto. Na vista
de tarefas, ábrese unha entrada de nota de
tarefa.
Cando soe a alarma da axenda, seleccione
Silenciar
para poñer en silencio a alarma.
Para deter a alarma da axenda, seleccione
Deter
.
Para axustar a repetición da alarma, seleccione
Repetir
.
141
Xestión do tempo
Para definir o período despois do cal a alarma da
axenda soa de novo cando está en repetir, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Tempo repetic. alarma
.