Nokia N86 8MP - Servizos de rede

background image

Servizos de rede

Para utilizar o dispositivo, cómpre dispoñer dos servizos

dun fornecedor de servizos sen fíos. Algunhas funcións

non se atopan dispoñibles en todas as redes; é posible que

para poder utilizar outras funcións sexa necesario

establecer acordos específicos co seu fornecedor de

servizos. Os servizos de rede implican a transmisión de

datos. Comprobe co seu fornecedor de servizos os detalles

verbo de tarifas na súa rede propia ou durante a

itinerancia noutras redes. Este pode explicarlle os

importes que lle serán cargados polo servizo. É posible que

algunhas redes teñan limitacións que afecten ao modo en

que se poden utilizar algunhas funcións deste dispositivo

que requiran soporte da rede, como soporte para

tecnoloxías específicas como os protocolos WAP 2.0 (HTTP

e SSL) que se executan en protocolos TCP/IP e caracteres

dependentes dos idiomas.
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a

desactivación ou non activación de determinadas funcións

no dispositivo. En tal caso, as mencionadas funcións non

aparecerán no menú do dispositivo. Tamén é posible que

o dispositivo dispoña de elementos personalizados como

os nomes ou a orde dos menús e as iconas.