
Memoria compartida
É posible que as seguintes funcións do dispositivo
compartan memoria: mensaxería multimedia (MMS),
aplicación de correo electrónico, mensaxería
instantánea. A utilización dunha ou máis destas funcións
pode reducir a cantidade de memoria dispoñible para o
resto de funcións. Se o dispositivo amosa unha mensaxe
na que se indica que a memoria está chea, elimine parte
da información que se atopa almacenada na memoria
compartida.
Durante o funcionamento continuado como unha
videochamada activa e a conexión de datos de alta
velocidade, é posible que o dispositivo aumente de
temperatura. Na maioría de casos, trátase de algo normal.
Se sospeita que o dispositivo non funciona correctamente,
envíeo ó centro de servizo técnico autorizado máis
próximo.