Nokia N86 8MP - Acerca do dispositivo

background image

Acerca do dispositivo

O dispositivo sen fíos descrito nesta guía está autorizado

para empregarse en redes (E)GSM 850, 900, 1800, 1900 e

UMTS 900, 1900, 2100. Póñase en contacto co seu

fornecedor de servizos para obter máis información acerca

das redes.
Cando utilice as funcións deste dispositivo, respecte a

lexislación e os costumes locais, a intimidade e os dereitos

lexítimos das demais persoas, incluídos os dereitos de

autor.
É posible que as leis de protección dos dereitos de autor

non autoricen a copia, modificación ou transferencia

dalgunhas imaxes, música e demais contido.
O dispositivo soporta varios métodos de conectividade. Do

mesmo xeito que os ordenadores, é posible que o

dispositivo estea exposto a virus e demais contido daniño.

Teña precaución coas mensaxes, solicitudes de conexión,

buscas e descargas. Unicamente instale e utilice servizos

e software obtidos de fontes fiables que ofrezan

seguridade e protección axeitada contra software daniño,

como aplicacións que pasasen o proceso de certificación

Symbian Signed ou Java Verified™. Considere a

posibilidade de instalar programas antivirus e demais

software de seguridade no dispositivo e nos ordenadores

conectados.

Importante: O seu dispositivo só admite unha

aplicación antivirus. Dispoñer de máis dunha aplicación

con funcionalidade antivirus podería afectar ao

rendemento e funcionamento ou provocar que o

dispositivo deixe de funcionar.
É posible que o dispositivo dispoña de favoritos e ligazóns

de sitios web de terceiras partes preinstalados. Tamén é

posible acceder a outros sitios web de terceiras partes

mediante o dispositivo. Os sitios web de terceiras partes

non teñen ningún tipo de relación con Nokia, polo que

Nokia non asumirá ningunha responsabilidade

correspondente a eles. Se decide acceder aos sitios

mencionados, deberá tomar precaucións relacionadas coa

seguridade ou cos contidos.

Aviso: Para utilizar as funcións deste dispositivo,

a excepción do espertador, é necesario que se atope

acendido. Non acenda o dispositivo en lugares nos que

poida provocar interferencias ou poida supoñer un perigo.
As aplicacións de Office admiten as funcións comúns de

Microsoft Word, PowerPoint e Excel (Microsoft Office 2000,

XP e 2003). Non é posible visualizar nin modificar todos os

formatos de ficheiro.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros

escritos da información importante almacenada no

dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo,

lea a guía de usuario para obter instrucións detalladas de

seguridade. Non conecte produtos non compatibles.

9

Se

gu

ridade

background image

É posible que as imaxes desta guía sexan diferentes das

que aparecen na pantalla do dispositivo.