
Seguridade
Lea estas sinxelas instrucións. Non respectalas pode
resultar perigoso ou ilegal. Lea a guía de usuario
completa para obter máis información.
ACENDIDO SEGURO
Non acenda o dispositivo en zonas onde o uso
de teléfonos sen fíos estea prohibido ou cando
poida provocar interferencias ou resulte
perigoso.
A SEGURIDADE NA CONDUCIÓN É O PRIMEIRO
Respecte a lexislación local. Manteña sempre as
mans libres para controlar o vehículo durante a
condución. A súa principal prioridade durante a
condución deberá ser a seguridade vial.
INTERFERENCIAS
Todos os dispositivos sen fíos son susceptibles
de recibir interferencias, o que pode afectar ao
seu rendemento.
DESCONEXIÓN NAS ÁREAS RESTRINXIDAS
Respecte as restricións. Apague o dispositivo
nos avións, preto de equipos médicos,
combustibles, produtos químicos ou zonas
volátiles.
PEZAS DE CRISTAL
A tapa dianteira do dispositivo está fabricada en
cristal. Este cristal pode romperse se se deixa
caer o dispositivo sobre unha superficie dura ou
se recibe un impacto forte. Se o cristal rompe,
non toque os anacos de cristal do dispositivo
nin tente retirar o cristal roto do mesmo. Deixe
de utilizar o dispositivo ata que o cristal sexa
substituído por persoal de servizo técnico
cualificado.
SERVIZO CUALIFICADO
O produto só poderá ser instalado ou reparado
por persoal cualificado.
ACCESORIOS E BATERÍAS
Utilice unicamente accesorios e baterías
autorizados. Non conecte produtos non
compatibles.
RESISTENCIA Á AUGA
O dispositivo non é resistente á auga. Mantéñao
seco.
Nota: A superficie deste dispositivo non contén
níquel no recubrimento. A superficie deste dispositivo
contén aceiro inoxidable.
8
Se
gu
ridade