Verbo da rede doméstica
O seu dispositivo é compatible con Universal Plug and
Play (UPnP) e certificado pola Digital Living Network
Alliance (DLNA). Pode usar un dispositivo de punto de
acceso LAN (WLAN) sen fíos ou un router para crear
unha rede doméstica. A continuación pode conectar
dispositivos UPnP compatibles con WLAN á rede. Os
dispositivos compatibles poden ser o seu dispositivo
móbil, un ordenador compatible, un sistema de son,
un televisor ou un receptor multimedia sen fíos
compatible conectado a un sistema de son ou a un
televisor.
É posible compartir e sincronizar ficheiros multimedia
no dispositivo móbil con outros dispositivos
certificados UPnP e DLNA compatibles por medio da
rede doméstica. Para activar a funcionalidade de rede
doméstica e xestionar os axustes, seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Medios dom.
. Tamén pode utilizar a
aplicación de medios domésticos para ver e reproducir
ficheiros multimedia dende dispositivos de rede
doméstica no seu dispositivo ou noutros dispositivos
compatibles como un ordenador, un sistema de son ou
un televisor.
Para ver os ficheiros multimedia noutro dispositivo de
rede doméstica, en Fotos, por exemplo, seleccione un
ficheiro,
Opcións
>
Mostrar vía rede propia
e o
dispositivo.
Para utilizar a función WLAN do dispositivo nunha rede
doméstica, cómpre ter unha configuración de conexión
doméstica WLAN en funcionamento e outros
dispositivos domésticos compatibles con UPnP
conectados coa mesma rede doméstica.
Despois de configurar a súa rede doméstica, pode
compartir fotos e videoclips cos seus amigos e
familiares en casa. Tamén pode almacenar os seus
ficheiros multimedia nun servidor multimedia ou
recuperar ficheiros multimedia dun servidor
doméstico compatible. Pode reproducir música
almacenada no seu dispositivo mediante un sistema
estéreo doméstico certificado DLNA, controlando as
listas de reprodución e os niveis de volume
directamente dende o seu dispositivo. Tamén pode ver
imaxes capturadas coa cámara do seu dispositivo
nunha pantalla de televisión compatible, todo
controlado co dispositivo a través dunha rede WLAN.
A rede doméstica utiliza os axustes de seguridade da
conexión WLAN. Utilice a función de rede doméstica
nunha rede de infraestrutura WLAN cun dispositivo de
punto de acceso WLAN e compatible co cifrado.
96
Red
e domés
tic
a
O dispositivo conéctase coa rede doméstica só se
vostede acepta unha solicitude de conexión doutro
dispositivo compatible ou selecciona a opción para ver,
reproducir ou copiar ficheiros multimedia no
dispositivo ou buscar outros dispositivos.