
Información importante de
seguridade
Cando configure a rede doméstica WLAN, active un
método de cifrado no seu dispositivo de punto de
acceso e, a continuación, nos outros dispositivos
99
Red
e domés
tic
a

destinados a establecer conexións coa rede doméstica.
Consulte a documentación dos dispositivos. Garde os
códigos nun lugar secreto e seguro, lonxe dos
dispositivos.
É posible ver ou cambiar os axustes do punto de acceso
WLAN á Internet no dispositivo.
Se utiliza o modo operativo ad hoc para crear unha
rede doméstica cun dispositivo compatible, active un
dos métodos de cifrado en
Modo seguridade WLAN
cando configure o punto de acceso a Internet. Este paso
reduce o risco de que se unan á rede ad hoc terceiras
partes non desexadas.
O dispositivo notifica se existe outro dispositivo que
tenta conectar con el e coa rede doméstica. Non acepte
solicitudes de conexión realizadas dende un
dispositivo descoñecido.
Se utiliza WLAN nunha rede que non dispón de cifrado,
desactive a opción de compartir os ficheiros con outros
dispositivos ou non comparta ningún ficheiro
multimedia privado.
100
Red
e domés
tic
a