Axustes da rede doméstica
Para compartir ficheiros multimedia gardados en Fotos
con outros dispositivos PnP compatibles e co
certificado DLNA a través dunha rede LAN sen fíos
(WLAN) cómpre crear e configurar o punto de acceso
doméstico a Internet WLAN e, a continuación,
configurar os axustes de rede doméstica na aplicación
Medios domésticos.
As opcións relacionadas coa rede doméstica non
estarán dispoñibles nas aplicacións ata que se
configuren os axustes na aplicación Medios
domésticos.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Medios dom.
.
Cando accede á aplicación Medios domésticos por
primeira vez ábrese o asistente de configuración, o que
lle axuda a definir os axustes de rede doméstica para
o dispositivo. Para utilizar o asistente de configuración
máis tarde, seleccione
Opcións
>
Executar
asistente
e siga as instrucións.
Para conectar un PC compatible á rede doméstica, debe
instalar o software correspondente no PC. Pode obter
o software do CD-ROM ou do DVD-ROM fornecido co
dispositivo ou pódeo descargar das páxinas de
asistencia técnica do dispositivo no sitio web de Nokia.
Configuración de axustes
Para configurar os axustes para a rede doméstica,
seleccione
Opcións
>
Axustes
e unha das opcións
seguintes:
●
Punto de acceso domést.
— Para axustar que o
dispositivo solicite un punto de acceso doméstico
cada vez que se conecta á rede doméstica,
seleccione
Preguntar sempre
. Para definir un
punto de acceso novo utilizado automaticamente
ao utilizar a rede doméstica, seleccione
Crear
novo
. Se a rede doméstica non ten os axustes de
seguridade de WLAN activados, amósase unha
alerta de seguridade. Pode continuar e activar a
seguridade de WLAN máis tarde ou cancelar a
definición do punto de acceso e activar primeiro a
seguridade de WLAN.
●
Nome do dispositivo
— Introducir un nome para
o dispositivo. Este amosarase aos outros
dispositivos compatibles da rede doméstica.
●
Copiar a
— Seleccionar onde gardar os ficheiros
multimedia copiados.
97
Red
e domés
tic
a