
Realizar unha videochamada
Ao realizar unha videochamada (servizo de rede), pode
verse un vídeo a tempo real a dúas bandas entre
vostede e o destinatario da chamada. A imaxe do vídeo
en directo ou a imaxe do vídeo capturada pola cámara
do teléfono amósase ao destinatario da
videochamada.
Para poder facer unha videochamada, cómpre
dispoñer dunha tarxeta USIM e atoparse nunha zona
de cobertura dunha rede UMTS. Para obter información
acerca da dispoñibilidade e da subscrición aos servizos
de videochamada, póñase en contacto co fornecedor
de servizos de rede.
As videochamadas só se poden facer entre dúas partes.
As videochamadas poden realizarse a un dispositivo
móbil compatible ou a un cliente RDSI. As
videochamadas non se poden facer mentres está activa
outra chamada de voz, vídeo ou datos.
Iconas
Non está a recibir vídeo (o destinatario non está a
enviar vídeo ou a rede non o está a transmitir).
Rexeitou o envío de vídeo desde o seu dispositivo.
Para enviar unha foto fixa no seu lugar, seleccione
Menú
>
Ferramentas
>
Axustes
e
Teléfono
>
Chamadas
>
Imaxe en videochamada
.
Mesmo se rexeitou o envío do vídeo durante unha
videochamada, a chamada cobrarase como unha
videochamada. Consulte as tarifas do fornecedor de
servizos.
1.
Para iniciar unha videochamada, introduza o
número de teléfono no modo en espera ou
seleccione
Contactos
e un contacto.
2.
Seleccione
Opcións
>
Chamar
>
Videochamada
.
A cámara secundaria situada na parte dianteira
utilízase de xeito predeterminado nas
videochamadas. Iniciar unha videochamada pode
tardar uns intres. Amósase
Agardando imaxe de
vídeo
. Se a chamada non se pode realizar (por
exemplo, a rede non admite as videochamadas ou
o dispositivo de recepción non é compatible),
preguntaráselle se desexa intentar realizar unha
chamada normal ou enviar unha mensaxe de texto
ou multimedia.
A videochamada estará activa cando se vexan dúas
imaxes de vídeo e se escoite o son a través do
altofalante. O destinatario da chamada pode
rexeitar o envío dun vídeo ( ), entón só se escoita
o son e quizais se vexa unha foto fixa ou un gráfico
de fondo gris.
3.
Para finalizar unha videochamada, prema a tecla
fin.
123
Realizar chamadas