Nokia N86 8MP - Marcado por voz

background image

Marcado por voz

O dispositivo crea automaticamente unha etiqueta de

voz para os contactos. Para escoitar a etiqueta de voz

sintetizada, seleccione un contacto e, a continuación,

Opcións

>

Detalles da gravación

. Desprácese ata a

información dun contacto e seleccione

Opcións

>

Reproducir gravación

.

Realización de chamadas cunha etiqueta de voz

Nota: A utilización de etiquetas de voz pode

resultar difícil en contornos con ruído ou durante unha

emerxencia, polo tanto, non debe confiar unicamente

na marcaxe por voz en todas as circunstancias.
Cando se usa o marcado por voz, utilízase o altofalante.

Manteña o dispositivo a pouca distancia cando diga a

etiqueta de voz.

1.

Para iniciar o marcado por voz, na pantalla de inicio,

manteña premida a tecla Chamar. Se se conectan

uns auriculares compatibles con tecla de

auriculares, manteña premida esta tecla para

iniciar o marcado por voz.

2.

Reproducirase un ton curto e amosarase

Fale

agora

. Pronuncie claramente o nome que desexa

gardar para ese contacto.

3.

O dispositivo reproducirá unha etiqueta de voz

sintetizada para o contacto recoñecido no idioma

do dispositivo seleccionado e amosará o nome e o

número. Para cancelar o marcado por voz,

seleccione

Abandonar

.

Se se gardan varios números para un mesmo nome,

tamén pode pronunciarse ademais do nome, o tipo de

número, como móbil ou fixo.

122

Realizar chamadas