Requisitos para compartir vídeo
A opción de compartir vídeo require a utilización
dunha conexión UMTS. A súa capacidade para utilizar a
función de compartir vídeo depende da
dispoñibilidade da rede UMTS. Para obter máis
información sobre o servizo, a dispoñibilidade da rede
UMTS e as tarifas asociadas co uso deste servizo,
póñase en contacto co fornecedor do servizo.
Para o uso compartido de vídeo, asegúrese de que:
●
O dispositivo estea configurado para establecer
conexións de persoa a persoa.
●
Dispón dunha conexión UMTS activa e de que se
atopa dentro da zona de cobertura de rede UMTS. Se
se despraza fóra da zona de cobertura da rede UMTS
durante unha sesión de compartir vídeo, o uso
compartido finalizará mentres continúa a súa
chamada de voz.
●
Tanto o remitente como o destinatario se atopan
rexistrados na rede UMTS. Se convida a alguén a
unha sesión para compartir contidos e o dispositivo
do destinatario non se atopa dentro da zona de
cobertura de rede UMTS, non dispón da función para
compartir vídeo instalada ou non configurou as
conexións de persoa a persoa, o destinatario non
recibirá as invitacións. Nese caso, recibirá unha
mensaxe de erro que lle indicará que o destinatario
non pode aceptar a invitación.