Nokia N86 8MP - Aceptar unha invitación

background image

Aceptar unha invitación

Cando alguén lle envía unha invitación para compartir

vídeo, a mensaxe de invitación amosa o nome do

remitente ou o enderezo SIP. Se o dispositivo non está

axustado no modo de silencio, soará cando reciba unha

invitación.
Se alguén lle envía unha invitación para compartir e

non se atopa dentro da zona de cobertura de rede

UMTS, non saberá que recibiu unha invitación.
Cando reciba unha invitación, seleccione unha das

opcións seguintes:

Si

— Aceptar a invitación e activar a sesión para

compartir.

Non

— Rexeitar a invitación. O remitente recibe

unha mensaxe de que rexeitou a invitación. Tamén

pode premer a tecla fin para rexeitar a invitación e

finalizar a chamada de voz.

Para poñer en silencio o vídeo no dispositivo,

seleccione

Opcións

>

Silenciar

.

Para reproducir o vídeo co volume orixinal, seleccione

Opcións

>

Volume orixinal

. Isto non afecta á

reprodución de vídeo da outra parte da chamada.
Para finalizar a sesión da función de compartir,

seleccione

Deter

. Para finalizar a chamada de voz,

prema a tecla fin. Cando remate unha chamada, tamén

rematará a función de compartir vídeo.

127

Realizar chamadas