
GPS asistido (A-GPS)
O seu dispositivo tamén admite o GPS asistido (A-GPS).
A-GPS require cobertura de rede.
A-GPS (o GPS asistido) utilízase para obter datos de
asistencia técnica mediante unha conexión de
paquetes de datos, que axuda a calcular as
coordenadas da súa localización actual cando o
dispositivo recibe sinais dos satélites.
81
Po
si
ci
on
am
en
to
(GPS)

Cando se activa o A-GPS, o dispositivo recibe
información útil por satélite dende un servidor de
datos de asistencia a través da rede móbil. Coa axuda
dos datos de asistencia, o seu dispositivo pode obter a
localización do GPS de xeito más rápido.
O dispositivo está configurado previamente para
utilizar o servizo A-GPS de Nokia, se non se atopan
dispoñibles ningúns axustes A-GPS dun fornecedor de
servizos específico. Os datos de asistencia recupéranse
dende o servidor do servizo A-GPS de Nokia só cando é
necesario.
Para desactivar o servizo A-GPS, seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Datos GPS
e
Opcións
>
Axustes
posicionamento
>
Métodos posicionamento
>
GPS asistido
>
Opcións
>
Desactivar
.
Cómpre ter un punto de acceso á Internet definido no
dispositivo para recuperar os datos de asistencia do
servizo A-GPS de Nokia a través dunha conexión de
paquetes de datos. O punto de acceso para A-GPS
pódese definir nos axustes de posicionamento. Para
este servizo non se pode utilizar un punto de acceso
LAN sen fíos (WLAN). Só se pode utilizar un punto de
acceso á Internet de paquetes de datos. O dispositivo
solicita que seleccione o punto de acceso á Internet
cando o GPS se utiliza por primeira vez.