Ficheiros de Ovi
Con Ficheiros de Ovi, pode usar o Nokia N86 8MP para
acceder ao contido do seu ordenador, se está acendido
e conectado a Internet. Precisará instalar a aplicación
Ficheiros de Ovi en todos os ordenadores aos que
desexe acceder con Ficheiros de Ovi.
Pode probar a aplicación Ficheiros de Ovi durante un
período limitado.
Con Ficheiros de Ovi é posible:
●
Explorar, buscar e ver as súas imaxes. Non é preciso
que cargue as imaxes nun sitio web; co seu teléfono
pode acceder ao contido do seu ordenador.
●
Navegar, buscar e ver os ficheiros e documentos.
●
Transferir cancións desde o ordenador ao seu
dispositivo.
●
Enviar ficheiros e cartafoles dende o seu ordenador
sen ter que movelos primeiro ao seu teléfono.
●
Acceder a ficheiros do ordenador incluso cando
estea apagado. Só ten que escoller as carpetas e os
ficheiros que desexa que estean dispoñibles.
31
Ovi
Automaticamente, Ficheiros de Ovi garda en liña
unha copia actualizada nun almacén protexido para
que poida acceder a eles cando o ordenador estea
apagado.
Para obter asistencia técnica, vexa files.ovi.com/
support.
32
Ovi