
Verbo de Contactos de Ovi
Con Contactos de Ovi, pode manterse conectado coas
persoas máis importantes para vostede. Busque
contactos e descubra amigos dentro da comunidade
Ovi. Mantéñase en contactos cos seus amigos - chatee,
comparta a súa situación e presenza e saiba onde están
e a qué andan os seus amigos. Incluso pode chatear
con amigos que utilicen o Google Talk™.
Tamén pode sincronizar os seus contactos, axenda e
resto de contidos entre o seu dispositivo Nokia e
Ovi.com. A información importante almacénase e
gárdase actualizada tanto no seu dispositivo como na
web. Con Contactos de Ovi, pode dinamizar a súa lista
de contactos coa seguridade de que están
almacenados en Ovi.com.
Para poder empregar o servizo cómpre ter unha Conta
Nokia. Cree unha conta no seu dispositivo móbil ou
visite a páxina www.ovi.com dende o seu ordenador.
O uso de Contactos de Ovi pode implicar a transmisión
de grandes cantidades de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información acerca
das tarifas de transmisión de datos.
30
Ovi