
Formatar a memoria masiva
Cando se reformata a memoria masiva, pérdense todos
os datos da memoria de xeito permanente. Faga unha
copia de seguridade dos datos que desexe conservar
antes de formatar a memoria masiva. Pode usar Nokia
Ovi Suite ou Nokia Nseries PC Suite para facer unha
copia de seguridade dos datos nun ordenador
compatible. É posible que as tecnoloxías de xestión de
dereitos dixitais (DRM) impidan que se restauren os
datos da copia de seguridade. Póñase en contacto co
seu fornecedor de servizos para obter máis
información sobre a DRM usada para o seu contido.
Para formatar a memoria masiva, seleccione
Opcións
>
Format. memo. masiva
. Non formate a
memoria masiva mediante o software do ordenador,
xa que pode producirse un funcionamento anormal.
Formatar non garante que se destrúan
permanentemente todos os datos confidenciais
gardados no dispositivo de memoria masiva. Un
formato estándar só marca a área formatada como
espazo dispoñible e elimina os accesos para atopar os
ficheiros de novo. Aínda segue sendo posible a
recuperación de datos formatados ou incluso
sobrescritos con ferramentas e software de
recuperación.