
Indicadores da pantalla
O dispositivo estase a utilizar nunha rede GSM
(servizo de rede).
O dispositivo estase a utilizar nunha rede UMTS
(servizo de rede).
Ten unha ou máis mensaxes sen ler no cartafol
da bandexa de entrada en Mensaxería.
Recibiu un novo correo na caixa de correo remota.
Hai mensaxes en espera de ser enviadas na carpeta
Caixa de saída.
Ten chamadas perdidas.
O tipo de ton está axustado en Silencio e o ton de
aviso das mensaxes e dos correos están desactivados.
Existe un perfil temporizado activo.
O teclado está bloqueado.
A alarma do reloxo está activa.
A segunda liña do teléfono está en uso (servizo de
rede).
Todas as chamadas ao dispositivo son
desviadas a outro número (servizo de rede). Se ten
dúas liñas de teléfono, un número indicará a liña que
se atopa activa.
O dispositivo está conectado a unha rede a través
dunha rede LAN sen fíos ou UMTS (servizo de rede) e
está listo para realizar unha chamada da Internet.
Hai uns auriculares compatibles conectados ao
dispositivo.
O transmisor de FM está activo pero non
transmitindo.
O transmisor de FM está activo e
transmitindo.
Hai un cable de saída de televisión compatible
conectado ao dispositivo.
Hai un DTS compatible conectado ao dispositivo.
Hai unha chamada de datos activa (servizo de rede).
Hai unha conexión de paquetes de datos GPRS activa
(servizo de rede). indica que a conexión está en
espera e que a conexión está dispoñible.
Hai unha conexión de paquetes de datos activa
nunha parte da rede que admite EGPRS (servizo de
rede). indica que a conexión está en espera e que
a conexión está dispoñible. As iconas indican que
EGPRS está dispoñible na rede, pero o seu dispositivo
26
O dis
pos
itivo

non está necesariamente utilizando unha conexión
EGPRS para transferir datos.
Hai unha conexión de paquetes de datos UMTS
activa (servizo de rede). indica que a conexión está
en espera e que a conexión está dispoñible.
Admítese o acceso de alta velocidade de paquetes
en enlace descendente (HSDPA) e está activo (servizo
de rede). indica que a conexión está en espera e
que a conexión está dispoñible.
Configurou o dispositivo para detectar redes LAN
sen fíos, e hai unha rede LAN sen fíos dispoñible
(servizo de rede).
Hai unha conexión a unha rede LAN sen fíos activa
nunha rede cifrada.
Hai unha conexión a unha rede LAN sen fíos activa
nunha rede non cifrada.
A conectividade Bluetooth está activada.
Estanse a transmitir datos mediante a
conectividade Bluetooth. Cando o indicador pestanexa,
significa que o dispositivo está intentando conectarse
con outro dispositivo.
Hai unha conexión USB activa.
A sincronización está en curso.
GPS está activado.