Transferencia de contido
É posible utilizar a aplicación Cambio para copiar
contido como números de teléfono, enderezos,
elementos da axenda e imaxes do seu dispositivo
Nokia anterior ao novo.
O tipo de contido que se pode transferir depende do
modelo do dispositivo desde o que desexe transferir
contido. Se ese dispositivo admite a sincronización,
tamén será posible sincronizar datos entre os
dispositivos. O teléfono notificaralle se o outro
dispositivo non é compatible.
Se o outro dispositivo non se pode acender sen unha
tarxeta SIM, pode inserir a súa tarxeta SIM nel. Se se
acende o dispositivo sen unha tarxeta SIM, o perfil
Desconectado actívase automaticamente e pódese
realizar a transferencia.
Transferencia de contido por primeira vez
1.
Para recuperar datos do outro dispositivo por
primeira vez, no seu dispositivo, seleccione
Cambio
na aplicación de benvida ou seleccione
Menú
>
Ferramentas
>
Cambio
.
2.
Seleccione o tipo de conexión que desexa utilizar
para transferir os datos. Ámbolos dous dispositivos
deben admitir o tipo de conexión seleccionado.
3.
Se selecciona a conectividade Bluetooth como tipo
de conexión, conecte os dous dispositivos. Para
facer que o teléfono busque dispositivos con
conectividade Bluetooth, seleccione
Continuar
.
Seleccione o dispositivo desde o que desexa
transferir contido. O teléfono solicitaralle que insira
un código no teléfono. Insira un código (entre 1 e
16 díxitos) e seleccione
Aceptar
. Insira o mesmo
código no outro dispositivo e seleccione
Aceptar
.
Os dispositivos están agora vinculados.
24
O dis
pos
itivo
É posible que algúns dispositivos de Nokia
anteriores non inclúan aínda a aplicación Cambio.
Neste caso, a aplicación Cambio enviarase ao outro
dispositivo en forma de mensaxe. Para instalar a
aplicación Cambio no outro dispositivo, abra a
mensaxe e siga as instrucións da pantalla.
4.
No teléfono, seleccione o contido que desexe
transferir desde o outro dispositivo.
Unha vez iniciada a transferencia, pode cancelala e
continuar máis tarde.
O contido transfírese desde a memoria do outro
dispositivo á posición correspondente no teléfono. O
tempo da transferencia depende da cantidade de datos
que se teñan que transferir.