Sincronizar, recuperar ou enviar
contido
Seleccione
Menú
>
Ferramentas
>
Cambio
.
Despois da primeira transferencia, seleccione unha das
seguintes opcións para comezar unha transferencia
nova, dependendo do modelo:
para sincronizar contido entre o seu dispositivo e
o outro dispositivo, se o outro dispositivo admite a
sincronización. A sincronización é bidireccional. Se se
elimina un elemento nun dispositivo, eliminarase en
ámbolos dous. Non se poden restablecer os elementos
eliminados mediante a sincronización.
para recuperar contido do outro dispositivo para
o seu dispositivo. Coa recuperación, o contido
transfírese dende o outro dispositivo ao seu
dispositivo. É posible que se lle solicite que garde ou
elimine o contido orixinal no outro dispositivo,
dependendo do modelo do dispositivo.
para enviar contido dende o seu dispositivo ao
outro dispositivo
Se non pode enviar un elemento, dependendo de que
tipo de dispositivo sexa o outro, pode engadir o
elemento ao cartafol Nokia, a C:\Nokia ou E:\Nokia no
seu dispositivo. Unha vez seleccionada a carpeta que
desexe transferir, os elementos sincronizaranse na
carpeta correspondente do outro dispositivo e
viceversa.
Utilice accesos directos para repetir unha
transferencia
Despois dunha transferencia de datos, pódese gardar
un acceso directo cos axustes de transferencia na vista
principal para repetir a mesma transferencia máis
tarde.
Para editar o acceso directo, seleccione
Opcións
>
Axustes atallo
. Pode, por exemplo, crear ou cambiar
o nome do acceso directo.
Despois de cada transferencia, amósase un rexistro da
transferencia. Para ver o rexistro da última
transferencia, seleccione un acceso directo na vista
principal e
Opcións
>
Ver rexistro
.
25
O dis
pos
itivo
Manexar conflitos de transferencias
Se un elemento que se vai transferir foi editado en
ámbolos dous dispositivos, o dispositivo intentará
combinar os cambios automaticamente. Se isto non é
posible, prodúcese un conflito de transferencia.
Seleccione
Comprobar un por un
,
Priorid. para este
tfno.
ou
Priorid. para outro tfno.
para solucionar o
conflito.