Accesos directos
Cando aparecen nos menús, en lugar de usar a tecla de
desprazamento, pode usar as teclas numéricas, # e *
para acceder rapidamente ás aplicacións. Por exemplo,
no menú principal, prema 5 para abrir a Mensaxería ou
# para abrir a aplicación ou o cartafol na situación
correspondente do menú.
Para cambiar entre aplicacións que estean abertas,
manteña premida a tecla Menú. Deixar aplicacións
executándose en segundo plano aumenta o consumo
de enerxía e reduce a duración da batería.
Para iniciar unha conexión web (servizo de rede), no
modo en espera, manteña premida a tecla 0.
Na maioría das aplicacións, para ver os elementos máis
comúns das opcións ( ), prema a tecla de
desprazamento.
Para cambiar o perfil, prema a tecla de acendido e
seleccione un perfil.
Para alternar entre o perfil Xeral e o perfil Silencio no
modo en espera, manteña premida a tecla #. Se ten
dúas liñas telefónicas (servizo de rede), esta acción
permite alternar entre as dúas liñas.
Para chamar á súa caixa de correo de voz (servizo de
rede), no modo en espera, manteña premida a tecla
1.
27
O dis
pos
itivo
Para abrir unha lista dos últimos números marcados,
no modo en espera, prema a tecla Chamar.
Para utilizar comandos de voz, no modo en espera,
manteña premida a tecla de selección dereita.
Para eliminar unha aplicación do menú, selecciónea e
prema C . É posible que algunhas aplicacións non se
poidan eliminar.