
Descargar e actualizar mapas
Para descargar e instalar Nokia Map Loader no seu
ordenador, visite www.nokia.com/maps e siga as
instrucións.
Suxestión: Antes de viaxar, garde os mapas
novos no seu teléfono. Deste xeito poderá
explorar os mapas sen conectarse a Internet
cando viaxe ao estranxeiro.
Antes de usar Nokia Map Loader, debe explorar polo
menos unha vez os mapas na aplicación Mapas do seu
teléfono.
Descargar mapas con Nokia Map Loader
1.
Conecte o teléfono ao ordenador mediante
Bluetooth ou un cable de datos USB compatible. Se
utiliza un cable de datos, seleccione PC Suite como
método de conexión USB.
2.
Abra Nokia Map Loader no ordenador.
3.
Se hai dispoñible unha nova versión dun mapa ou
ficheiros de voz novos, pediráselle que actualice os
datos.
4.
Seleccione un continente e un país. Os países máis
grandes poden dispoñer de varios submapas para
que descargue unicamente os que lle interesen.
5.
Seleccione os mapas, descárgueos e instáleos no
teléfono.