Compartir a posición
Seleccione
Menú
>
Mapas
e
Compartir posición
.
Para compartir a posición cómpre ter unha conta Nokia
e unha conta de Facebook.
1.
Seleccione
Compartir posición
.
2.
Inicie sesión na súa conta Nokia ou, se aínda non
posúe unha, seleccione
Crear nova conta
.
3.
Inicie sesión na súa conta de Facebook.
4.
Seleccione a súa posición actual.
5.
Actualice o seu estado.
6.
Para engadir unha foto, seleccione
Engadir unha
foto
.
7.
Seleccione
Compartir posición
.
Xestión da conta de Facebook — Na vista principal,
seleccione
Opcións
>
Conta
>
Axustes para
compartir lugares
>
.
Para poder compartir a posición e ver a dos outros
usuarios, cómpre estar conectado a Internet. Isto pode
implicar custos por tráfico de datos derivados da
transmisión de grandes cantidades de datos.
O uso compartido da posición en Facebook está rexido
polos termos de uso de Facebook aplicables. Antes de
usar este servizo, familiarícese cos termos de uso e as
prácticas de privacidade de Facebook e considere
detidamente se desexa revelar os seus datos de
posición ou ver a posición de outros usuarios.
Antes de compartir a súa posición, pense ben con que
a vai compartir. Comprobe a configuración de
seguridade da rede social utilizada xa que a súa
posición podería ser vista por un gran número de
usuarios.