Nokia N86 8MP - Widgets

background image

Widgets

Este dispositivo admite widgets. Os widgets son

aplicacións web pequenas que se poden descargar e

que fornecen ao teléfono material multimedia, fontes

novas e outra información, como informes

meteorolóxicos. Os widgets instalados amósanse

como aplicacións individuais no cartafol Aplicacións.
Para buscar e descargar widgets, visite Ovi Store na

páxina store.ovi.com.
O punto de acceso predeterminado para os widgets é

o mesmo que o do navegador web. Cando se executan

en segundo plano, algúns widgets poden actualizar

información automaticamente no dispositivo.
O uso de widgets pode implicar a transmisión de

grandes cantidades de datos a través da rede do seu

fornecedor de servizos. Para obter máis información

verbo das tarifas de transmisión de datos, póñase en

contacto co seu fornecedor de servizos.