Vista principal da mensaxería
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
(servizo de rede).
Para crear unha mensaxe nova, seleccione
Nova
mensaxe
.
Suxestión: Para evitar ter que volver escribir
mensaxes que envía con frecuencia, utilice os
textos do cartafol Modelos en As miñas carp.
Tamén pode crear e gardar os seus propios
modelos.
A mensaxería contén os seguintes cartafoles:
●
Caixa entrada
— As mensaxes recibidas,
excepto as mensaxes de correo electrónico e de
información de cela, almacénanse aquí.
●
As miñas carp.
— Organice as súas mensaxes
en cartafoles.
●
Nova caixa corr.
— Conéctese coa súa caixa de
correo remota para recuperar mensaxes de correo
electrónico novas ou ver mensaxes de correo
electrónico recuperadas previamente fóra de liña.
●
Borrador
— Os borradores das mensaxes que
non se enviaron almacénanse aquí.
●
Enviadas
— As últimas mensaxes que se
enviaron, excepto as mensaxes enviadas mediante
a conectividade Bluetooth, almacénanse aquí. Pode
cambiar o número de mensaxes que desexa que se
garden neste cartafol.
●
Caixa de saída
— As mensaxes que están
agardando a ser enviadas almacénanse
temporalmente na caixa de saída, por exemplo,
cando o dispositivo se atopa fóra da cobertura da
rede.
●
Informes
— Pode solicitar que a rede lle envíe
un informe de entrega das mensaxes de texto e
mensaxes multimedia que enviou (servizo de rede).