Entrada de texto preditivo
1.
Para activar ou desactivar a entrada de texto
preditivo, prema rapidamente a tecla # dúas veces.
Con isto actívase ou desactívase a entrada de texto
preditivo para todos os editores do teléfono.
indica que a entrada de texto preditivo está
activada.
2.
Para escribir a palabra desexada, prema as teclas
2-9. Prema cada tecla unha vez por letra.
3.
Cando acabe de escribir a palabra correctamente,
desprácese á dereita para confirmala ou prema 0
para engadir un espazo.
Se a palabra non é correcta, prema * varias veces
para ver as palabras coincidentes do dicionario.
Se o carácter ? aparece despois da palabra, significa
que a palabra que quería escribir non está no
dicionario. Para engadir unha palabra ao
dicionario, seleccione
Soletrear
, escriba a palabra
(ata 32 letras) mediante a entrada de texto
tradicional e seleccione
Aceptar
. A palabra
engadirase ao dicionario. Cando o dicionario está
cheo, a palabra nova substitúe á palabra máis
antiga.
Escriba a primeira parte dunha palabra composta; para
confirmala, desprácese á dereita. Escriba a segunda
parte dunha palabra composta. Para completar a
palabra composta, prema 0 para engadir un espazo.