
Consellos sobre a entrada de texto
Para inserir un número no modo de letras, manteña
premida a tecla numérica desexada.
Para alternar entre os diferentes modos de carácter,
prema #.
Para eliminar un carácter, prema C. Para eliminar máis
dun carácter, manteña premida a tecla C.
Os signos de puntuación máis comúns están
dispoñibles na tecla 1. Para desprazarse por estes un
por un, se utiliza a entrada de texto tradicional, prema
1 varias veces. Se utiliza a entrada de texto preditivo,
prema 1 e, a continuación, * varias veces.
Para abrir unha lista de caracteres especiais, manteña
premida a tecla *.
106
Mensaxería

Suxestión: Para seleccionar varios caracteres
especiais dende a lista de caracteres especiais,
prema 5 despois de cada carácter resaltado.