Escribir e enviar mensaxes
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
Importante: Teña precaución ao abrir as
mensaxes, xa que é posible que conteñan software
nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.
Para poder crear mensaxes multimedia ou escribir
correos, cómpre que estean definidos os axustes de
conexión axeitados.
É posible que a rede sen fíos
limite o tamaño das
mensaxes MMS. Se a imaxe
inserida excede este límite, o
dispositivo pode reducila
para que se poida enviar por
MMS.
Só os dispositivos que
dispoñen de funcións
compatibles poden recibir e
visualizar mensaxes
multimedia. É posible que a
107
Mensaxería
aparencia das mensaxes varíe en función do
dispositivo de recepción.
Consulte o límite de tamaño das mensaxes de correo
co seu fornecedor de servizos. Se tenta enviar unha
mensaxe de correo que supere o límite de tamaño do
servidor de correo, a mensaxe quedará no cartafol
Caixa de saída e o dispositivo intentará enviala
periodicamente. Para enviar un correo cómpre
dispoñer dunha conexión de datos e os intentos
repetidos de reenvío de correos electrónicos poden
aumentar a súa factura do seu fornecedor de servizos.
No cartafol Caixa de saída, pode borrar a devandita
mensaxe ou movela ao cartafol Borradores.
A mensaxería require servizos de rede.
Enviar unha mensaxe de texto ou multimedia —
Seleccione
Nova mensaxe
.
Enviar unha mensaxe de audio ou de correo —
Seleccione
Opcións
>
Crear mensaxe
, e a opción
relevante.
Seleccionar os destinatarios ou grupos da lista de
contactos — Seleccione
Para
.
Introducir o número de teléfono ou enderezo de
correo do destinatario manualmente — Seleccione
o campo Para.
Engadir un punto e coma (;) para separar os
destinatarios — Prema *.
Introducir o asunto da mensaxe multimedia ou de
correo — Introducilo no campo Asunto. Se o campo
Asunto non é visible, seleccione
Opcións
>
Campos
de enderezo
para cambiar os campos que son visibles.
Escribir a mensaxe — Introduza texto no campo da
mensaxe.
Engadir un obxecto para a mensaxe ou o
correo — Seleccione e o tipo de contido relevante.
O tipo de mensaxe pode cambiar a mensaxe
multimedia segundo o contido inserido.
Enviar a mensaxe ou o correo — Seleccione
, ou
prema a tecla chamar.
O dispositivo admite mensaxes de texto de lonxitude
superior ao límite para as mensaxes simples. As
mensaxes que superan ese límite envíanse coma dúas
ou máis mensaxes. O seu fornecedor de servizos
aplicará unha tarifa correspondente ao número de
mensaxes enviadas. Os caracteres con acentos e outros
signos de puntuación, ou algúns idiomas ocupan máis
espazo e limitan o número de caracteres que é posible
enviar nunha mensaxe.