
Configurar o correo electrónico
Co asistente de correo de Nokia pode configurar a súa
conta de correo corporativa (por exemplo, Microsoft
Outlook, Mail for Exchange ou Intellisync) e a súa conta
de correo de Internet.
Cando configure o seu correo corporativo, é posible
que lle pidan o nome do servidor asociado co seu
enderezo de correo electrónico. Consulte os detalles co
departamento de informática da súa empresa.
1.
Para iniciar o asistente, vaia á pantalla de inicio,
desprácese ata o asistente de correo e prema a tecla
de desprazamento.
2.
Introduza o seu enderezo de correo electrónico e o
contrasinal. Se o asistente non pode configurar
automaticamente os axustes de correo, terá que
seleccionar o tipo de conta e introducir os axustes
de conta relacionados.
Se o seu dispositivo contén clientes de correo
adicionais, aparecerán cando inicie o asistente de
correo.