
Datos, axustes e mensaxes de
servizo web
O dispositivo pode recibir moitas clases de mensaxes
que conteñen datos, como tarxetas de visita, tons de
chamada, logotipos do operador, entradas de axenda
e notificacións de correo electrónico. Tamén pode
recibir axustes do seu fornecedor de servizos nunha
mensaxe de configuración.
Para gardar os datos da mensaxe, seleccione
Opcións
e a opción correspondente.
As mensaxes do servizo web son notificacións (por
exemplo, titulares de noticias) e poden conter unha
mensaxe de texto ou unha ligazón. Para consultar a
dispoñibilidade e a subscrición, póñase en contacto co
seu fornecedor de servizos.