
Axustes de mensaxes de texto
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Opcións
>
Axustes
>
Mensaxe texto
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
●
Centros de mensaxes
— Permite ver unha lista de
todos os centros de mensaxes de texto que se
definiron.
●
Centro mensaxes en uso
— Permite seleccionar
que centro de mensaxes desexa usar para entregar
mensaxes de texto.
●
Codificación caracteres
— Para utilizar a
conversión de caracteres a outro sistema de
codificación cando estea dispoñible, seleccione
Soporte reducido
.
●
Informe de recepción
— Permite seleccionar se
desexa que a rede envíe informes de entrega das
mensaxes (servizo de rede).
●
Validez das mensaxes
— Permite seleccionar
durante canto tempo desexa que o centro de
mensaxes reenvíe a súa mensaxe se non o consegue
a primeira vez (servizo de rede). Se a mensaxe non
se pode enviar dentro deste período de validez,
elimínase do centro de mensaxes.
●
Mensaxe enviada como
— Para obter información
acerca de se o seu centro de mensaxes pode
converter as mensaxes de texto nestes outros
formatos, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
●
Conexión preferida
— Permite seleccionar a
conexión que desexa usar.
●
Resp. desde mesmo ctro.
— Permite seleccionar
se desexa que a mensaxe de resposta se envíe
usando o mesmo número do centro de mensaxes de
texto (servizo de rede).