
Reproducir música co transmisor de
FM
Seleccione
Menú
>
Música
>
Rep. música
.
Para reproducir música gardada no dispositivo a través
dun receptor de FM compatible, siga os pasos que se
describen a continuación:
1.
Seleccione unha canción ou unha lista de
reprodución que desexe reproducir.
2.
Na vista Reproducindo, seleccione
Opcións
>
Transmisor de FM
.
3.
Para activar o transmisor de FM, seleccione
Transmisor de FM
>
Activado
e introduza unha
frecuencia na que non se estean a efectuar outras
transmisións. Por exemplo, se a frecuencia 107,8
MHz está libre na súa zona e a sintoniza mediante
o seu receptor de FM, deberá tamén sintonizar a
mesma frecuencia mediante o transmisor de FM.
4.
Sintonice o dispositivo receptor na mesma
frecuencia e seleccione
Opcións
>
Saír
.
Para axustar o volume, utilice a función Volume no
dispositivo receptor.
79
Música

Se non se reproduce música durante varios minutos, o
transmisor desactivarase automaticamente.