Acerca do transmisor de FM
A dispoñibilidade do transmisor de FM pode variar
segundo o país. No momento da redacción deste
documento, o transmisor de FM pode usarse nos
seguintes países europeos: Austria, Bélxica, Bulgaria,
República Checa, Dinamarca, Estonia, Finlandia,
Alemaña, Islandia, Irlanda, Lituania, Liechtenstein,
Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Noruega, Portugal,
España, Suíza, Suecia, Turquía e Reino Unido. Para
obter a información máis recente e a lista de países non
europeos, visite a páxina web www.nokia.com/
fmtransmitter.
Co transmisor de FM pode reproducir cancións
almacenadas no dispositivo a través de calquera radio
FM compatible como, por exemplo, a radio dun
automóbil ou un equipo estéreo doméstico.
A banda de frecuencia que utiliza o transmisor vai dos
88.1 MHz ata os 107.9 MHz.
A distancia de funcionamento do transmisor FM é dun
máximo de 2 metros (6,5 pés). Os obstáculos, como
paredes, outros dispositivos electrónicos ou emisoras
de radio públicas poden provocar interferencias á
transmisión. É posible que o transmisor FM provoque
interferencias en radios FM próximas que se atopen na
mesma frecuencia. Para evitar que se produzan
interferencias, busque sempre unha frecuencia de FM
libre na radio receptora antes de utilizar o transmisor
FM.
O transmisor de FM non se pode utilizar ó mesmo
tempo que a radio FM do dispositivo.