Reprodutor de música
O Reprodutor de música admite os formatos de ficheiro
seguintes: AAC, AAC+, eAAC+, MP3 e WMA. O Reprodutor
de música non admite necesariamente todas as
funcións dun formato de ficheiro nin todas as
variacións dos formatos de ficheiro.
Tamén pode utilizar o Reprodutor de música para
escoitar episodios de podcasts. Podcasting é o método
de emisión de contido de audio ou vídeo a través de
Internet mediante as tecnoloxías RSS ou Atom para a
reprodución en dispositivos móbiles e PC.
75
Música
Reproducir unha canción ou un
episodio de podcast
Para abrir o Reprodutor de música, seleccione
Menú
>
Música
>
Rep. música
.
É posible que teña que actualizar a música e as
bibliotecas de podcast despois de actualizar a selección
de cancións ou podcasts no dispositivo. Para engadir
tódolos elementos dispoñibles á biblioteca, na vista
principal do reprodutor de música, seleccione
Opcións
>
Actualizar biblioteca
.