Nokia N86 8MP - Buscar podcasts

background image

Buscar podcasts

O servizo de busca axúdalle a atopar podcasts por

palabra clave ou título.
O servizo de busca utiliza o enderezo web do servizo

de busca de podcast definido en

Podcasting

>

Opcións

>

Axustes

>

Conexión

>

URL do servizo

de busca

.

Para buscar podcasts, seleccione

Menú

>

Música

>

Podcasting

, e

Buscar

e introduza as palabras clave

desexadas.

Suxestión: O servizo de busca intenta atopar

títulos de podcast e palabras clave nas

descricións, non episodios específicos. Os temas

xerais, como o fútbol ou o hip-hop, normalmente

proporcionan mellores resultados que un equipo

ou artista específico.

Para subscribirse a un podcast atopado, seleccione o

título do podcast. O podcast engadirase á súa lista de

podcast aos que está subscrito.
Para iniciar unha nova busca, seleccione

Opcións

>

Nova busca

.

Para dirixirse ao sitio web dun podcast, seleccione

Opcións

>

Abrir páxina web

(servizo de rede).

Para ver os detalles dun podcast, seleccione

Opcións

>

Descrición

.

Para enviar un podcast a outro dispositivo compatible,

seleccione

Opcións

>

Enviar

.