Axustes de podcasting
Para abrir Nokia Podcasting, seleccione
Menú
>
Música
>
Podcasting
.
Antes de utilizar Nokia Podcasting, defina os axustes
da conexión e da descarga.
O método de conexión recomendado é WLAN. Consulte
co seu fornecedor de servizos os termos e as tarifas do
servizo de datos antes de empregar diferentes
métodos de conexión. Por exemplo, os plans de datos
de tarifa plana poden permitir a realización de grandes
transferencias de datos previo pago dunha tarifa
mensual.
Axustes de conexión
Para editar os axustes de conexión, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Conexión
e unha das
seguintes opcións:
●
Punto de acceso predet.
— Seleccione o punto de
acceso para definir a súa conexión á Internet.
●
URL do servizo de busca
— Defina o URL do servizo
de busca de podcast que desexa utilizar nas buscas.
Axustes de descarga
Para editar os axustes de descarga, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Descargar
e unha das
seguintes opcións:
●
Gardar en
— Defina a localización na que desexa
gardar os podcasts.
●
Intervalo de actual.
— Permite definir a frecuencia
de actualización dos podcasts.
●
Seguinte data de actual.
— Permite definir a data
da seguinte actualización automática.
●
Hora seguint. de actual.
— Permite definir a hora
da seguinte actualización automática.
72
Música
As actualizacións automáticas só se realizan se se
selecciona un punto de acceso predeterminado
específico e se se está executando Nokia Podcasting.
Se Nokia Podcasting non se está a executar, non se
activarán as actualizacións automáticas.
●
Límite de descarga (%)
— Permite definir o
porcentaxe da memoria que desexa que se reserve
para as descargas de podcasts.
●
Se supera o límite
— Defina que acción desexa
levar a cabo se as descargas superan o límite de
descarga.
Configurar a aplicación para recuperar podcasts
automaticamente pode implicar a transmisión de
grandes cantidades de datos a través da rede do
fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información acerca
das tarifas de transmisión de datos.
Para restablecer os axustes predeterminados,
seleccione
Opcións
>
Restaurar predet.
na vista de
axustes.