
Música Ovi
Seleccione
Menú
>
Música
>
Tenda mús.
.
Para descargar música, primeiro cómpre rexistrarse
para o servizo.
A descarga de música pode implicar a aplicación de
tarifas adicionais e a transmisión de grandes
cantidades de datos (servizo de rede). Para obter
información verbo das tarifas de transmisión de datos,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de
rede.
Para acceder a Música Ovi, cómpre dispoñer dun punto
de acceso á Internet válido no dispositivo. Pode que se
lle solicite seleccionar o punto de acceso que desexa
empregar para conectarse a Música Ovi.
Selección do punto de acceso — Seleccione
Punto
de acceso predet.
.
A dispoñibilidade e aspecto dos axustes de Música Ovi
poden variar. É posible que os axustes estean tamén
predefinidos e que non poida modificalos. Cando
navegue por Música Ovi, poderá modificar os axustes.
Modificar os axustes de Música Ovi — Seleccione
Opcións
>
Axustes
.
Música Ovi non está dispoñible en todos os países ou
rexións.