Nokia N86 8MP - Localización de fallos

background image

Localización de fallos

Para ver as preguntas máis frecuentes sobre o

dispositivo, visite as páxinas de asistencia técnica do

produto na web www.nseries.com/support.

P: Que é un código de bloqueo, un PIN ou un

PUK?

R: O código de bloqueo predeterminado é 12345. Se

esquece o código de bloqueo, póñase en contacto co

distribuidor do dispositivo. Se esquece un código PIN

ou PUK ou se non os recibiu, póñase en contacto co seu

fornecedor de servizos de rede. Se desexa obter máis

información sobre os contrasinais, póñase en contacto

co fornecedor do punto de acceso, por exemplo, un

fornecedor de servizos da Internet comercial (ISP) ou

un fornecedor de servizos de rede.

P: Como saio dunha aplicación que non

responde?

R: Prema a tecla Menú e mantéñaa pulsada. Para

pechar unha aplicación, desprácese a esta e prema C.

Se preme C non se pecha o Reprodutor de música. Para

pechar o reprodutor de música, seleccióneo da lista e

Opcións

>

Saír

.

P: Por que as imaxes se ven borrosas?

R: Asegúrese de que as ventás de protección da lente

da cámara están limpas.

P: Por que faltan puntos na pantalla ou

aparecen puntos descoloridos ou brillantes

cada vez que acendo o dispositivo?

R: Esta é unha característica deste tipo de pantalla.

Algunhas pantallas poden conter píxeles ou puntos que

permanecen activados ou desactivados. Trátase de

algo normal e non é un fallo.

P: Por que non pode o meu dispositivo

establecer unha conexión GPS?

R: Obteña máis información sobre o GPS, o receptor

GPS, os sinais de satélite e a información de posición

nesta Guía de usuario.

P: Por que non atopo o dispositivo do meu

amigo cando utilizo a conectividade Bluetooth?

R: Comprobe que os dous dispositivos son compatibles,

que a conectividade Bluetooth está activada e que non

están en modo oculto. Comprobe tamén que a

distancia entre os dous dispositivos non é superior a

10 metros e que non hai paredes nin outros obstáculos

entre os dispositivos.

P: Por que non podo finalizar unha

conectividade Bluetooth?

R: Se se conecta outro dispositivo ao teléfono, pode

finalizar a conexión desde o outro dispositivo ou

170

Localización de fallos

background image

desactivando a conectividade Bluetooth no

dispositivo. Seleccione

Menú

>

Ferramentas

>

Conectivid.

>

Bluetooth

e

Bluetooth

>

Desactivado

.

P: Por que non pode ver o outro dispositivo os

ficheiros gardados no meu dispositivo na rede

doméstica?

R: Asegúrese de que configurou os axustes da rede

doméstica, de que a función de compartir contido está

activada no seu dispositivo e de que o outro dispositivo

é compatible con UPnP.

P: Que podo facer se a miña conexión de rede

doméstica deixa de funcionar?

R: Desactive a conexión LAN (WLAN) sen fíos do seu PC

compatible e do seu dispositivo e conéctea de novo. Se

isto non axuda, reinicie o PC compatible e o seu

dispositivo. Se a conexión segue sen funcionar,

reconfigure os axustes de WLAN no PC compatible e no

seu dispositivo.

P: Por que non podo ver o PC compatible no meu

dispositivo na rede doméstica?

R: Se está a utilizar unha aplicación de devasa no seu

PC compatible, comprobe que esta permite que o

servidor multimedia doméstico utilice a conexión

externa (pode engadir un servidor multimedia

doméstico á lista de excepcións da devasa). Comprobe

nos axustes da devasa que permita o tráfico nos portos

seguintes: 1900, 49152, 49153 e 49154. Algúns

dispositivos de punto de acceso WLAN teñen unha

devasa incorporada. Neses casos, comprobe que a

devasa do dispositivo do punto de acceso non bloquea

o tráfico nos portos seguintes: 1900, 49152, 49153 e

49154. Comprobe que os axustes de WLAN son os

mesmos no seu dispositivo e no PC compatible.

P: Por que non podo ver un punto de acceso LAN

(WLAN) sen fíos aínda que sei que me atopo

dentro do seu alcance?

R: O punto de acceso WLAN pode utilizar un

identificador de conxunto do servizo (SSID) oculto. Só

é posible acceder a redes que utilizan un SSID oculto se

sabe o SSID correcto e creou un punto de acceso WLAN

para esta rede no dispositivo Nokia.

P: Como desactivo a WLAN no dispositivo Nokia?

R: A WLAN do dispositivo Nokia desactívase cando non

está conectado ou non está a intentar conectarse a

outro punto de acceso ou non está a escanear redes

dispoñibles. Para reducir máis o consumo da batería,

pode especificar que o dispositivo Nokia non busque

redes en segundo plano ou que o faga con menos

frecuencia. A WLAN desactívase entre dúas buscas en

segundo plano.
Para cambiar os axustes das buscas en segundo plano:

1.

Seleccione

Menú

>

Ferramentas

>

Axustes

e

Conexión

>

LAN inalámbrica

.

2.

Para aumentar o intervalo de tempo das buscas en

segundo plano, axuste o tempo en

Buscar redes

.

171

Localización de fallos

background image

Para deter as buscas en segundo plano, seleccione

Amosar dispoñib. WLAN

>

Nunca

.

3.

Para gardar os cambios, prema

Atrás

.

Se

Amosar dispoñib. WLAN

está axustado en

Nunca

, a icona de dispoñibilidade de WLAN non se

amosará no modo de espera. Porén, aínda pode

buscar manualmente todas as redes WLAN

dispoñibles e conectarse a redes WLAN como de

costume.

P: Como podo gardar os datos antes de

eliminalos?

R: Para gardar datos, utilice Nokia Ovi Suite ou Nokia

Nseries PC Suite para sincronizar ou para facer unha

copia de seguridade de todos os datos nun ordenador

compatible.Tamén pode enviar datos mediante a

conectividade Bluetooth a un dispositivo

compatible.Tamén pode gardar datos nunha tarxeta

de memoria compatible.

P: Que fago se a memoria está chea?

R: Elimine elementos da memoria do dispositivo ou da

memoria masiva. Se o seu dispositivo amosa a nota

Non hai memoria abondo para efectuar a

operación. Borre datos.

ou

Memoria baixa. Borre

algúns datos da memoria do teléfono.

cando está a

eliminar varios elementos ao mesmo tempo, elimine

elementos un a un, comezando polos máis pequenos.

P: Por que non podo seleccionar un contacto

para unha mensaxe?

R: Na ficha do contacto non aparece o número de

teléfono, o enderezo nin un enderezo de correo

electrónico. Seleccione

Menú

>

Contactos

e o

contacto axeitado e edite a tarxeta de contacto.

P: Como podo finalizar a conexión de datos

cando o dispositivo reinicia a conexión

continuamente?

R: Pode que o dispositivo estea intentado recuperar

unha mensaxe multimedia do centro de mensaxes

multimedia. Para evitar que o dispositivo inicie unha

conexión de datos, seleccione

Menú

>

Mensaxería

e

Opcións

>

Axustes

>

Mensaxe multimedia

>

Recuperación multimedia

e

Manual

para que o

centro de mensaxes multimedia garde as mensaxes

para recuperalas máis tarde ou para que

Desactivada

ignore todas as mensaxes multimedia

entrantes. Se selecciona

Manual

, recibirá unha

notificación cando teña unha mensaxe nova no centro

de mensaxes multimedia. Se selecciona

Desactivada

,

o dispositivo non establece ningunha conexión de rede

relacionada coas mensaxes multimedia. Para axustar

que o dispositivo utilice unha conexión de paquetes de

datos só ao se iniciar unha aplicación ou unha acción

que a necesita, seleccione

Menú

>

Ferramentas

>

Axustes

e

Conexión

>

Paquetes datos

>

Conexión

paquetes datos

>

Se cómpre

. Se isto non funciona,

apague o dispositivo e vólvao acender seguidamente.

172

Localización de fallos

background image

P: Por que teño problemas para conectar o meu

dispositivo ao PC?

R: Asegúrese de que dispón da última versión de Nokia

Ovi Suite ou Nokia Nseries PC Suite e de que está

instalada e en funcionamento no seu ordenador

compatible. Para obter máis información sobre como

utilizar Nokia Ovi Suite ou Nokia Nseries PC Suite,

consulte a axuda da aplicación ou visite as páxinas de

asistencia técnica de Nokia.

P: Podo utilizar o meu dispositivo como un

módem de fax cun PC compatible?

R: Non é posible utilizar o dispositivo como un módem

de fax. Porén, coa función de desvío de chamadas

(servizo de rede), pode desviar as chamadas de fax

entrantes a un número de fax.

173

Localización de fallos