
Inserir a tarxeta de memoria
É posible que xa se atope inserida no dispositivo unha
tarxeta de memoria. No caso contrario, faga o
seguinte:
1.
Levante a tapa coa parte posterior do dispositivo
orientada cara a vostede.
2.
Insira unha tarxeta de memoria compatible na
rañura. Asegúrese de que a zona de contacto da
tarxeta se atope orientada cara abaixo e cara á
rañura.
3.
Empuxe a tarxeta cara
ao interior. Escoitará
un clic cando a tarxeta
encaixe no seu lugar.
4.
Peche a tapa traseira.
Asegúrese de que a
tapa estea
correctamente
pechada.