Cargar a batería
A batería vén medio cargada de fábrica. É posible que
non teña que cargar a batería previamente. Se o
dispositivo indica unha carga baixa, faga o seguinte:
Carga normal
1.
Conecte o cargador a unha toma
da parede.
2.
Conecte o cargador ao dispositivo.
A luz do indicador de carga
situada ao carón do conector USB
acéndese cando se está a cargar a
batería.
3.
Cando o dispositivo indica que a
batería está completamente
cargada, desconecte primeiro o
cargador do dispositivo e logo da
toma de parede.
Non é necesario cargar a batería
durante un período de tempo determinado e é posible
utilizar o dispositivo cando está cargando. Se a batería
está completamente descargada, é posible que teña
que esperar varios minutos para poder efectuar
chamadas e para poder visualizar o indicador de carga
na pantalla.
Suxestión: Desconecte o cargador da toma da
parede cando non se estea a utilizar. Un cargador
conectado a unha toma de parede consome
enerxía aínda que non estea conectado ao
dispositivo.
Carga por USB
É posible utilizar a carga por USB cando non estea
dispoñible unha toma da parede. Coa carga por USB,
15
Introdución
tamén é posible transferir datos mentres carga o
dispositivo.
1.
Conecte un aparello USB ao seu dispositivo
mediante un cable USB compatible.
A eficacia da carga por USB varía
considerablemente. Nalgúns casos pode tardar
moito tempo en comezar a carga e en empezar a
funcionar o dispositivo.
2.
Se o dispositivo está acendido, pode seleccionar
unha das opcións do modo USB na pantalla do
dispositivo.
Durante o funcionamento continuado como unha
videochamada activa e a conexión de datos de alta
velocidade, é posible que o dispositivo aumente de
temperatura. Na maioría de casos, trátase de algo
normal. Se sospeita que o dispositivo non funciona
correctamente, envíeo ó centro de servizo técnico
autorizado máis próximo.