Auriculares
É posible conectar uns auriculares compatibles ao
dispositivo. É posible que necesite seleccionar o modo
de cable.
Algúns auriculares divídense en dúas partes: unha
unidade de control remoto e os cascos. Unha unidade
de control remoto posúe un micrófono e teclas para
responder ou finalizar unha chamada telefónica,
axustar o volume e reproducir ficheiros de música ou
vídeo. Para utilizar os auriculares cunha unidade de
control remoto, conecte a unidade ao conector AV de
Nokia do teléfono e, a continuación, conecte os
auriculares á unidade.
Aviso: Cando utilice os
auriculares, é posible que a súa
capacidade para escoitar sons do
exterior se vexa afectada. Non utilice
os auriculares en situacións nas que
se poida poñer en risco a súa
seguridade.
Non conecte produtos que poidan
emitir sinais de saída, xa que
poderían producirse danos no
dispositivo. Non conecte ningunha
fonte de tensión ao conector AV de
Nokia.
Cando conecte un dispositivo externo ou uns
auriculares distintos dos autorizados por Nokia para
utilizalos con este dispositivo ao conector AV de Nokia,
preste atención especial ao nivel do volume.