Chamadas de emerxencia
Importante: Este dispositivo funciona con
sinais de radio, redes sen fíos, redes terrestres e
funcións programadas polo usuario. Se o dispositivo
admite chamadas de voz a través da Internet
(chamadas da Internet), active as chamadas da
Internet e o teléfono móbil. O dispositivo pode intentar
efectuar as chamadas de emerxencia a través das redes
180
Información do produto e de seguridade
móbiles e do fornecedor de chamadas da Internet se
se atopan activados ámbolos dous. Non se pode
garantir que as conexións funcionen en todas as
condicións. Nunca dependa unicamente dun
dispositivo móbil para efectuar comunicacións
importantes, coma urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o
seguinte:
1.
Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe
que a intensidade do sinal é a axeitada. En función
do dispositivo, é posible que tamén necesite
realizar o seguinte:
●
Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza
unha.
●
Elimine as restricións das chamadas que estean
activadas no dispositivo.
●
Cambie o perfil Desconectado ou Voo a un perfil
activo.
2.
Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para
borrar a pantalla e preparar o dispositivo para
chamadas.
3.
Insira o número de emerxencia da localidade na
que se atope. Os números de emerxencia poden
variar en cada localidade.
4.
Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite
toda a información necesaria do xeito máis preciso
posible. É posible que o seu dispositivo sen fíos sexa o
único medio de comunicación na escena dun
accidente. Non finalice a chamada ata que reciba
permiso para facelo.