
Reciclar
Devolva sempre os seus produtos electrónicos usados,
baterías e materiais de embalaxe a puntos de recollida
establecidos. Deste xeito axudará a evitar a
eliminación incontrolada de residuos e a promover a
reciclaxe de materiais. Para obter información sobre o
medio ambiente do produto e acerca de como reciclar
os produtos Nokia, visite a páxina www.nokia.com/
werecycle ou www.nokia.mobi/werecycle.
O símbolo do contedor con rodas riscado cun "x"
no produto, a batería, as instrucións ou a
embalaxe lémbranlle que todos os produtos
eléctricos e electrónicos, as baterías e os
acumuladores se deben refugar por separado ao final
da súa vida útil. Este requisito aplícase na Unión
Europea. Non se desfaga deste produto do mesmo
xeito que dos residuos domésticos normais. Para obter
máis información sobre o medio ambiente, consulte a
Declaración ecolóxica do produto na páxina web
www.nokia.com/environment.
Información adicional de
seguridade
Nenos
O dispositivo e os seus accesorios non son xoguetes. É
posible que conteñan pezas pequenas. Mantéñaos fóra
do alcance dos nenos.
Entorno operativo
Este dispositivo cumpre coas directrices de exposición
a radiofrecuencia cando se emprega na posición
normal de uso no oído ou cando se coloca polo menos
a unha distancia de 1,5 centímetros (5/8 polgadas) do
corpo. Se se utiliza unha funda de transporte, unha
pinza para o cinto ou un soporte para utilizar o produto
pegado ao corpo, estes non deberán conter ningunha
178