Holograma de autenticación
1.
Cando mire ao holograma
situado na etiqueta, deberá ver
o símbolo no que se unen as
mans de Nokia dende un ángulo
e o logotipo de accesorios
orixinais de Nokia se o mira
dende o outro ángulo.
2.
Se inclina o holograma cara á
esquerda, dereita, abaixo e
arriba, debería ver 1, 2, 3 e 4
puntos en cada lado
respectivamente.
A correcta realización dos pasos
indicados non garante totalmente a
autenticidade da batería. Se non
pode confirmar a autenticidade ou se ten razóns para
pensar que a batería Nokia co símbolo na etiqueta non
é unha batería Nokia auténtica, non a utilice e envíea
a un distribuidor ou ao centro de servizo técnico máis
próximo de Nokia para recibir asistencia.
Para obter máis información verbo das baterías
orixinais de Nokia, visite a páxina web
www.nokia.com/battery.