
Barra de ferramentas activa
A barra de ferramentas activa só está dispoñible se
seleccionou unha foto ou un videoclip nunha vista.
Na barra de ferramentas activa, vaia aos diferentes
elementos e seleccione a opción requirida. As opcións
dispoñibles poden variar dependendo da vista na que
se encontra e de se seleccionou unha foto ou un
videoclip.
46
Fo
to
s

Para ocultar a barra de ferramentas, seleccione
Opcións
>
Ocultar iconas
. Para activar a barra de
ferramentas activa cando está oculta, prema a tecla de
desprazamento.
Seleccione unha foto ou un videoclip e unha das
opcións seguintes:
Reproducir o videoclip.
Enviar a foto ou o videoclip.
Cargar a foto ou o videoclip a un álbum en liña
compatible (só dispoñible se ten configurada unha
conta para un álbum en liña compatible).
Engadir o elemento a un álbum.
Xestionar etiquetas e outras propiedades do
elemento.