
Marcación fixa
Seleccione
Menú
>
Contactos
e
Opcións
>
Números
da SIM
>
Contactos marcac. fixa
.
Co servizo de marcación fixa pode restrinxir as
chamadas desde o dispositivo a certos números de
teléfono. Non todas as tarxetas SIM admiten o servizo
de marcación fixa. Para obter máis información,
contacte co fornecedor de servizos.
Cando se atopan activadas as funcións de seguridade
que restrinxen as chamadas (coma a restrición de
chamadas, os grupos de usuarios pechados e a
marcaxe fixa), pode que sexa posible efectuar
chamadas ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo. O desvío e restrición de
chamadas non poden estar activos ao mesmo tempo.
Necesita o código PIN2 para activar e desactivar a
marcación fixa ou editar os contactos deste tipo de
marcación. Póñase en contacto co fornecedor de
servizos para obter o código PIN2.
Seleccione
Opcións
e entre as seguintes:
●
Activar marcación fixa
— Activar a marcación fixa.
●
Desactivar marción fixa
— Desactivar a marcación
fixa.
●
Novo contacto da SIM
— Introducir o nome do
contacto e o número de teléfono ao que se permite
realizar chamadas.
●
Engadir da Guía
— Copiar un contacto da lista de
contactos na lista de marcación fixa.
Para enviar mensaxes de texto aos contactos SIM
mentres o servizo de marcación fixa está activado, é
necesario engadir o número do centro de mensaxes de
texto á lista de marcación fixa.
Xestión dos grupos de
contactos