
Números e enderezos
predeterminados
Pode asignar números ou enderezos predeterminados
a un contacto. Se un contacto posúe varios números ou
enderezos, pode chamalo ou enviarlle unha mensaxe
de xeito doado a un número ou enderezo determinado.
O número predeterminado tamén se utiliza no
marcado por voz.
1.
Na lista de contactos, seleccione un contacto.
2.
Seleccione
Opcións
>
Predeterminados
.
3.
Seleccione un predeterminado ao que desexa
engadir un número ou un enderezo e seleccione
Asignar
.
132
Contactos (axenda de teléfonos)

4.
Seleccione un número ou un enderezo que desexe
establecer como predeterminado.
O número ou enderezo predeterminado aparece
subliñado na vista de contactos.
Tons de chamada, imaxes e
texto de chamadas para
contactos
É posible definir un ton de chamada para un grupo ou
contacto e unha imaxe ou un texto de chamada para
un contacto. Cando o contacto lle chame, o dispositivo
reproducirá o ton de chamada seleccionado e amosará
a imaxe ou texto de chamada (de enviarse xunto coa
chamada o número de teléfono da persoa que chama
e de que o dispositivo o recoñeza).
Para definir un ton de chamada para un contacto ou un
grupo de contactos, seleccione o contacto ou o grupo
de contactos, a continuación
Opcións
>
Ton de
chamada
, e un ton de chamada.