
Copia de contactos
Cando se abre a lista de contactos por primeira vez, o
dispositivo pregúntalle se desexa copiar os nomes e os
números desde a tarxeta SIM ao teléfono.
Para comezar a copiar, seleccione
Aceptar
.
Se non desexa copiar os contactos da tarxeta SIM ao
teléfono, seleccione
Cancelar
. O teléfono
preguntaralle se desexa ver os contactos da tarxeta SIM
no directorio de contactos. Para ver os contactos,
seleccione
Aceptar
. Ábrese a lista de contactos e os
nomes gardados na tarxeta SIM indícanse con .