Nokia N86 8MP - Conexións WLAN

background image

Conexións WLAN

Para utilizar unha WLAN, debe crear un punto de acceso

a Internet nunha WLAN. Utilice o punto de acceso para

aplicacións que requiren conectar con Internet. A

conexión WLAN establécese ao crear unha conexión de

datos utilizando un punto de acceso WLAN. A conexión

WLAN activa remata cando vostede finaliza a conexión

de datos. A conexión tamén se pode rematar

manualmente.
Pode utilizar unha WLAN durante unha chamada de voz

ou cando a conexión de paquete de datos está activa.

Só é posible conectarse a un punto de acceso WLAN ao

mesmo tempo, pero varias aplicacións poden utilizar

o mesmo punto de acceso a Internet.

54

Conect

ivi

dad

e

background image

A WLAN pódese seguir utilizando cando o dispositivo

está no perfil Fóra de liña, se aquela está dispoñible.

Lembre que debe cumprir todos os requirimentos de

seguridade vixentes para establecer e utilizar unha

conexión WLAN.
Se move o dispositivo a outro lugar dentro da WLAN

pero fóra do alcance dun punto de acceso WLAN, a

función de roaming pode conectar automaticamente o

dispositivo a outro punto de acceso pertencente á

mesma WLAN. Sempre que permaneza dentro do

alcance de puntos de acceso pertencentes á mesma

rede, o dispositivo pode seguir conectado á devandita

rede.

Suxestión: Para comprobar o enderezo do

control de acceso de medios (MAC) que identifica

ao dispositivo, por exemplo, para configurar o

enderezo MAC do dispositivo nun enrutador

WLAN, introduza *#62209526# na pantalla de

inicio. Visualízase o enderezo MAC.