Acerca de WLAN
Para empregar unha conexión LAN (WLAN) sen fíos,
cómpre que se atope dispoñible na situación onde se
atopa, e o dispositivo debe estar conectado á WLAN.
Algunhas WLAN atópanse protexidas e cómpre
dispoñer dunha clave de acceso do fornecedor de
servizos para conectarse a elas.
Nota: En Francia, só se poden empregar as
WLAN en interiores.
As funcións que empregan as WLAN, ou que teñen
autorización para executarse en segundo plano
mentres se empregan outras funcións, aumentan a
demanda de enerxía da batería e reducen a vida útil da
mesma.
O seu dispositivo admite as seguintes funcións de rede
WLAN:
●
IEEE 802.11b/g estándar
●
Funcionamento a 2,4 GHz
●
Mesma privacidade que a transmisión por fíos (WEP)
con claves de ata 128 bits, acceso protexido á Wi-Fi
(WPA), e métodos de autenticación 802.1x. Estas
funcións poden empregarse tan só se son
compatibles coa rede.
Importante: Active sempre un dos métodos de
cifrado dispoñibles para aumentar a seguridade da
conexión LAN sen fíos. A utilización do cifrado reduce
o risco de que accedan de xeito non autorizado aos
seus datos.