Vincular dispositivos
Seleccione
Menú
>
Ferramentas
>
Conectivid.
>
Bluetooth
.
Abra a ficha de dispositivos vinculados.
Antes de vincular, pense o seu propio código (1-16
díxitos) e acorde utilizar o mesmo código co usuario
do outro dispositivo. Os dispositivos sen interface de
usuario teñen un código fixo. Só precisa o código ao
conectar os dispositivos por primeira vez. Despois da
vinculación pódese autorizar a conexión. A vinculación
e autorización da conexión fan que esta sexa máis
rápida e sinxela, xa que non terá que aceptar a
conexión entre dispositivos vinculados cada vez que
estableza a conexión.
O código dun acceso remoto SIM debe ter 16 díxitos.
No modo de SIM remota é posible utilizar a tarxeta SIM
do seu dispositivo con accesorios compatibles.
Se o dispositivo sen fíos está en modo SIM remoto, só
poderá utilizar un accesorio conectado compatible,
como un kit de automóbil, para efectuar ou recibir
chamadas.
O dispositivo sen fíos non efectuará ningunha
chamada, excepto aos números de emerxencia
programados no dispositivo, cando se atope en modo
SIM remoto.
Para efectuar chamadas, primeiro deberá abandonar o
modo SIM remoto. Se se bloqueou o dispositivo,
58
Conect
ivi
dad
e
primeiro insira o código de bloqueo para
desbloquealo.
1.
Seleccione
Opcións
>
Novo disposit. vinculado
.
O dispositivo comeza a buscar dispositivos
Bluetooth ao alcance. Se enviou datos usando
Bluetooth anteriormente, amosarase unha lista cos
resultados das buscas anteriores. Para buscar máis
dispositivos Bluetooth, seleccione
Máis
dispositivos
.
2.
Seleccione o dispositivo co que desexa establecer a
vinculación e insira o código. Cómpre introducir o
mesmo código tamén no outro dispositivo.
3.
Para establecer a conexión entre o seu dispositivo
e o outro dispositivo automaticamente, seleccione
Si
. Para confirmar a conexión manualmente cada
vez que se tente establecer unha conexión,
seleccione
Non
. Despois da vinculación, o
dispositivo memorizarase na páxina de dispositivos
vinculados.
Para asignar un alcume ao dispositivo vinculado,
seleccione
Opcións
>
Asignar nome curto
. O alcume
visualízase no dispositivo.
Para borrar unha vinculación, seleccione o dispositivo
do que quere borrar a vinculación e
Opcións
>
Borrar
. Para borrar todas as vinculacións, seleccione
Opcións
>
Borrar todos
. Se cancela a vinculación cun
dispositivo co que está actualmente conectado, a
vinculación eliminarase inmediatamente e a conexión
rematará.
Para permitir que un dispositivo vinculado se conecte
automaticamente ao seu dispositivo, seleccione
Fixar
como autorizado
. As conexións entre o seu
dispositivo e outros dispositivos pódense facer sen o
seu coñecemento. Non é necesaria unha aceptación ou
autorización por separado. Use este estado só para os
seus propios dispositivos, como o seu auricular ou
ordenador compatibles, ou para dispositivos que
pertenzan a persoas da súa confianza. Se desexa
aceptar peticións de conexión do outro dispositivo
individualmente cada vez, seleccione
Fixar non
autorizado
.
Para empregar un accesorio de son Bluetooth como un
mans libres ou un auricular Bluetooth, terá que
vincular o seu dispositivo co accesorio. Para
información verbo do código e máis instrucións,
consulte a guía de usuario de accesorios. Para conectar
cun accesorio de son, conecte o accesorio. Algúns
accesorios de son conéctanse automaticamente ao seu
dispositivo. Do contrario, abra a ficha de dispositivos
vinculados, seleccione o accesorio e
Opcións
>
Conec.
con dispos. audio
.